skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A PRAZA DE ABASTOS DE CAMBADOS ABRIRA OS VENRES POLA TARDE

O goberno local de Cambados e a Asociación de Praceiras consensuaron a apertura da Praza de Abastos os venres pola tarde en horario de 17 a 22 horas. O obxetivo de esta iniciativa é incentivar as vendas dos productos frescos da ria e, ó tempo, dinamizar o comercio local. Dentro desta medida, tamén se van a organizar semanas de promoción dos productos do mar de tempada que se venden na praza cambadesa. Serán xornadas que se desenvolverán a partir do próximo inverno. A nova actividade do mercado cambadés foi explicada hoxe nunha rolda de prensa na que compareceron os concelleiros Victor Caamaño…

Read the full description

e Xurxo Charlín, acompañados pola presidenta da Asociación de Praceiras, Pilar Mouta, e polo presidente de Cambados Zona Centro, Juan Rey. Ademáis, para continuar mellorando os servicios da Praza e do mercado, o Concello quere realizar unha modificación da ordenanza municipal e actualizala ás necesidades que tanto vendedores como clientes reclaman, segundo avanzaba na rolda de prensa o concelleiro responsable de mercados, Xurxo Charlín. En todo caso, despóis do verán comezarán as obras de reforma da Praza de Abastos, o que contribuirá moi favorablemente a mellorar a imaxe da Praza, que nestes momentos é deficiente, tal e como aseguraba a presidenta do colectivo dos praceiros. Neste sentido, Pilar Mouta, anima ás súas compañeiras do sector do peixe a mellorar a imaxe dos postos, con maior limpeza e maior cuidado dos productos, para que se manteñan frescos durante a tarde. Dende Cambados Zona Centro, o presidente dos comerciantes, Juan Rey, amosouse convencido de que se debe actualizar a ordenanza municipal relativa ó comercio e mercados, para que vaia acorde cos novos tempos.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.