Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UNHA DOAZON DA FAMILIA PILLADO AMPLIA O LEGADO DE CABANILLAS EN CAMBADOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados amplía o seu legado sobre o escritor Ramón Cabanillas a través dunha doazón da familia Pillado Silvoso. O salón de plenos de Cambados acolleu está mañá o acto de cesión por tempo ilimitado de numerosas cartas, fotografías e libros do autor que conservaban os irmáns Pillado. Trátase de numerosas cartas e postais manuscritas que Ramón Cabanillas enviou dende Cuba e Madrid ao seu íntimo amigo, Antonio Pillado, avó dos irmáns. Ademáis, o legado cedido ao concello tamén conta con once libros de Cabanillas, fotografías e tres cadros…
Read the full description
de Joaquín Sánchez Peña, cuñado do escritor. Con esta doazón, o Concello de Cambados quere recuperar a memoria de Cabanillas, polo que xa ten en marcha o proxecto de musealización da casa natal do autor e unha sala de exposicións coa súa obra na casa da Calzada, en Exposalnés. Esta actuación levaráse a cabo a través da financiación do Plan Concellos 2018 da Deputación, e dende a Consellería de Cultura, que dirixe Víctor Caamaño, agardase que poidan comezas as obras a finais de este ano. Detalles que contaban esta mañá o Concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, e Xoan Antonio Pillado Silvoso.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.