Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A DEPUTACION DESTINA 200.000 EUROS A FINANCIAR A VIA VERDE DO SALNES
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Deputación de Pontevedra asinará en breve cos Concellos de Vilagarcía, Portas e Caldas o convenio para a financiación da primeira Vía Verde de Galicia que decorrerá polos tres municipios, aproveitando as vías do ferrocarril en desuso. O goberno provincial ten xa comprometidos 200.000 euros de fondos propios destinados a este proxecto, que os alcaldes pretenden poñer en marcha este mesmo ano. Así o explicaba a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que acompañada polos alcaldes de Vilagarcía, Caldas e Portas, Alberto Varela, Juan Manuel Rey e…
Read the full description
Víctor Estévez, realizou un percorrido polo trazado da futura vía verde do Salnés, pioneira en Galicia. A aportación do goberno provincial súmase a unha cantidade semellante comprometida tamén pola Xunta de Galicia a través de Fondos Europeos. Do que todavía os alcaldes non teñen resposta é da participación do Ministerio de Fomento, de tal xeito que xa pensan en que o resto da inversión necesaria será asumida polos propios concellos. O coste total do proxecto ascende a 565.533 euros.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.