skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PRIMEIRO CAT CAFE DE GALICIA EN CAMBADOS ESTA FIN DE SEMANA

Se queres coñecer máis de preto o mundo dos gatos non te podes perder o primeiro “Cat Café” de Galicia que se celebra esta fin de semana en Cambados, organizado polo Refuxio de Animais da localidade no Salón Peña. Un evento onde poderás gozar da compañía dos felinos mentres te tomas algo, nunha oportunidade de coñecer e interactuar con 11 gatos que agardan unha familia. Se os queres coñecer previamente podes facelo no facebook do Refuxio de Animais de Cambados. O Cat Café abrirá o sábado dende as 16 horas ás 23 horas, con charlas informativas impartidas por dous veterinarios colaboradores do…

Read the full description

Refuxio: Sara Férnandez con “Sete vidas ten un gato” e Jorge Martínez que falará sobre “O gato e o seu coidado”. Ademáis poderás mercar productos para gatos e obxectos coa imaxe dos felinos creados para a ocasión. E durante a xornada do domingo, haberá tamén unha sesión vermú de 12 a 20 horas, “chea de gatosidade”. O obxectivo desta iniciativa, pionera en Galicia, é concienciar á sociedade sobre os gatos como animais de compañía, derrubar mitos como a mala sorte dun gato negro, e promover a adopción dos animais. Asi o explicaba esta mañá a directora do Refuxio de Cambados, Olga Costa, acompañada do tenente de alcalde, Victor Caamaño e a concelleira de Medio Ambiente, Mª José Cacabelos, na presentación da iniciativa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.