Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

GONZALO DURAN: OS INDEPENDENTES ACTUARON COMO INDEPENDENTES
O que, tralo pleno frustrado de onte, sigue sendo presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, está disposto a seguir dialogando co resto das formacións para chegar a un acordo que permita a elección do novo presidente no próximo pleno, ainda sen data. Gonzalo Durán ofreceu esta mañá en rolda de prensa o seu punto de vista do que aconteceu na sesión plenaria na que, finalmente, se produciu un empate entre PSOE e PP ó absterse ós tres grupos de Independentes de Sanxenxo (SAL), Ribadumia e Meaño e que impediu o nomeamento do socialista José Antonio Cacabelos, alcalde de O…
Read the full description
Grove, como novo presidente. Ademáis, Gonzalo Durán desvelou que chamará ós representantes dos distintos concellos que conforman a Mancomunidade para tentar consensuar o presuposto do organismo e evitar o parálise da entidade comarcal. O alcalde de Vilanova explicaba en rolda de prensa a súa opinión do que aconteceu no pleno de onte. E mentres dende o Grove o alcalde José Antonio Cacabelos mantén silencio, dende Sanxenxo, agárdase que durante o día o alcalde Gonzalo Pita emita un comunicado co seu posicionamento
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.