Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS EXIXE A XUNTA QUE CUMPLA O SEU COMPROMISO SOBRE O CENTRO DE DIA
O Concello de Cambados exixe á Xunta que cumpla o seu compromiso e abra o Centro de Día coa maior celeridade posible, denunciando unha vez máis a “falta de vontade política” do goberno galego para a súa apertura. Segundo o goberno local, o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar comprometeuse no Parlamento á posta en marcha do servizo durante este 2017, pero, sen embargo, a dous meses de que remate o ano, aínda non se sacou a licitación. O Concelleiro de Servicios Sociais e o portavoz de goberno, Tino Cordal e Xurxo Charlín, respectivamente, entenden que “a Xunta continúa atrasando os prazos…
Read the full description
administrativos por cuestións políticas faltando á palabra dada na Cámara Galega”. Neste sentido, argumentan que o Consorcio de Benestar tardou cinco meses en adxudicar a instalación do mobiliario para o centro de día, e que a licitación da xestion será “nas vindeiras semanas”, segundo a última comunicación que recibiron da Xunta. Con estes plazos ambos concelleiros estiman que a apertura se dilatará ata o ano que ven. Así o explicaban nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.