Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DURAN ANIMA OS EMPRESARIOS DO SALNES A EXPORTAR CARA MEXICO
O Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, anima ós empresarios do Salnés a aproveitar sen demora os bos resultados da súa viaxe de 6 días á cidade mexicana de Aguascalientes. I e que a delegación do Salnés regresou con moi boa impresión respecto das posibilidades de negocio que ofrece o país azteco. E froito delo, a mancomunidade trae asinado un acordo de colaboración no que a entidade supramunicipal será a plataforma de xestión para os empresarios que queiran vender os seus productos en México. Ademáis, tamén se prevé a organización de sendas expedicións empresariais en dobre…
Read the full description
dirección. A primeira será en abril, data na que Aguascalientes celebra unha gran feira agropecuaria , á que a Mancomunidade quere levar un mínimo de trinta empresarios da comarca dispostos a abrir novos mercados. E posteriormente, no verán está previsto que unha delegación empresarial de Aguascalientes visite a comarca do Salnés para, á súa vez, establecer relacións comerciais con Galicia, co fin de que utilizar este territorio como porta de entrada para os seus produtos en Europa. Así nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, que esta mañá facía un balance moi positivo da súa viaxe.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.