skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A IGREXA DA PASTORIZA SERA UN NOVO LOCAL CULTURAL DE VILANOVA

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A antiga igrexa da Pastoriza, que fora a Igrexa parroquial de Vilanova ata hai 60 anos e na que foi bautizado Valle Inclán, será a partir de agora utilizada como local cultural por parte do Concello. Máis de medio século despois de deixar de ser lugar de culto, o novo uso é posible grazas a un convenio entre o Concello e o párroco no que o goberno local se compromete a finalizar as obras de rehabilitación necesarias. Concretamente, a impermeabilización das paredes, un novo solo e a mellora da iluminación, actuacións para as que pretende conseguir a…

Read the full description

axuda da Consellería de Cultura da Xunta. A igrexa xa foi obxecto de diversas actuacións de mellora do tellado, promovidas por unha comisión de veciños, que evitaron que o templo quedase en ruinas tras un investimento de máis de 60.000 euros. Agora, o Concello agarda que estea lista para a celebración de actos das Xornadas de Valle Inclán o vindeiro ano. Así o explicaba o alcalde, Gonzalo Durán, durante unha visita á Igrexa, acompañado de integrantes da comisión de veciños da Pastoriza.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.