skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A COMARCA DO SALNÉS PECHA O MES DE MARZO CUN NOVO DESCENSO NO PARO POR SEGUNDO MES CONSECUTIVO.

Bos datos do paro no mes de marzo, que se pécha na comarca do Salnés cun descenso de 165 parados . Por segundo mes consecutivo, a provincia de Pontevedra e as comarcas de O Salnés, Caldas, Pontevedra e Barbanza, rexistraron datos alentadores ó descender o número de desempregados nas listas de emprego. O Salnés anotou descensos en todolos concellos agás en Ribadumia e A Illa de Arousa que incrementaron a cifra de persoas inscritas nos Servicios de Emprego: Ribadumia en 10 persoas, e A Illa de Arousa con dous parados máis. A pesar de que no mes de Febreiro Vilagarcía rexistrou un aumento de 55…

Read the full description

persoas, este mes de Marzo, no concello vilagarcián foron 3 persoas as que asinaron os seus novos contratos laborais. O Grove, o igual que no mes de Febreiro, foi o municipio que máis contratos xerou, con 60 desempregados menos. Seguenlle Cambados e Sanxenxo, que reduciron en 39 o número de parados, Meaño con 32 menos, Vilanova con 4 menos, Vilagarcía con 3 menos e Meis que se mantivo co mesmo número de desempregados. As comarcas de Caldas e Pontevedra tamén anotaron de novo un descenso nas súas listas do paro. Concretamente, na comarca de Caldas xeneráronse 86 contratos laborais durante o mes de marzo, con descenso en todolos municipios agás en Valga que sumou un desempregado. Na comarca de Pontevedra, foron 269 os desempregados que atoparon traballo durante marzo, rexistrándose un descenso en todolos concellos. No caso do Barbanza, que no mes de Febreiro aumentara o número, en Marzo rexistrou un descenso no paro de 104 persoas, baixando a cifra tamén en todolos municipios da comarca. O sector servicios que camiña cara a Semana Santa volve ser o máis beneficiado no número de contratos. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA analizábamos todos os datos con Ramón Vidal Trillo, secretario comarcal de UXT.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.