Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MEIS CONVOCA A POIO E BARRO PARA ABORDAR O PROXECTO EOLICO DO MONTE CASTROVE
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O Concello de Meis convocou para esta tarde aos alcaldes dos concellos de Poio e Barro para abordar o proxecto eólico que a sociedade Parque Eólico Cadaval e Ventoso S.L, con sede en Santiago, quere desenvolver no Monte Castrove, un espazo que comparten os tres municipios xunto con Pontevedra. O proxecto acaba de iniciar a súa exposición pública por parte da Xunta de Galicia para proceder ao seu análise de impacto ambiental. Á xuntanza, que terá lugar esta tarde no Auditorio Municipal, tamén están citadas as comunidades de montes afectadas polo plan, que…
Read the full description
pretende a instalación de catro aeroxeradores de 115 metros de altura cada un. Segundo os cálculos realizados pola sociedade promotora, o parque xeraría electricidade para 13.846 familias e crearía uns 640 postos de traballo no seu deseño e construción. Os promotores aseguran que estudaron varias alternativas e concluíron que a elixida ten unha menor afección sobre o terreo, xa que a superficie afectada polas infraestruturas é menor e, ao ter menos aeroxeradores, será necesario escavar menos chan para viarios e gabias. O proxecto completaríase cunha subestación eléctrica e un edificio de control. O investimento previsto para construír este parque eólico ascendería a 20,5 millóns de euros. Sen embargo, o proxecto xa foi rexeitado por unanimidade no pleno do Concello de Poio. O gobierno local entiende que “pode supoñer un importante impacto medioambiental na zona”. Unha consideración que comparten no Concello de Meis, tal como nos conta a alcaldesa Marta Giráldez.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.