Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O FESTIVAL DE ESTIO DE VILAGARCIA TRASLADASE AO CENTRO URBANO DURANTE CATRO DIAS
Vilagarcía pon en marcha a segunda edición do Festival de Estío, unha iniciativa pensada para que os máis pequenos poidan despedir o curso e dar a benvida á chegada do verán dunha forma diferente. Nesta ocasión, o festival deixa a praia de A Concha e trasládase ao centro da vila durante catro días. O Festival do Estío dará comezo o domingo 25 de xuño para celebrar o remate das clases coa Danza dos Paxaros, ás 12:30 do medidía no Parque Miguel Hernández. Nesta segunda edición tamén haberá actuacións musicais, teatrais e de títeres para que nenos e maiores disfruten. O xoves 29 de xuño será o…
Read the full description
día dos títeres con actuacións ás 12:30 do mediodía de Fantoches Baj e de Títeres Trompicallo ás 21:00 horas da tarde no Parque Miguel Hernández. O Venres haberá teatro no Xardín de Ravella coas interpretacións de Teatro dos Ghazafellos ás 12:30 e de María Faltri e Jorge Juncal ás 21 horas. E xa o sábado 1 de xullo será o turno do concertos na Praza de Galicia de Xarope Tulú ás 12:30 e de Mama Cabra ás 21 horas. Os detalles deste Festival do Estío explicábaos esta mañá en Vilagarcía a concelleira de Cultura, Sonia Outón, acompañada por Emilia Candal, do colectivo Urdime, organizador dos actos de animación, e dos músicos María Faltri e Jorge Juncal que ofreceron unha pequena actuación e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.