skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

NOVE ADEGAS PRESENTARAN SEUS VIÑOS ESPUMOSOS NA FESTA DO ALBARIÑO DE INVERNO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os viños espumosos de 9 adegas da D.O. Rías Baixas estarán presentes na I Festa do Albariño de Inverno de Cambados que se celebrará este sábado 15 de decembro e terá como pregoeira a Merchi Álvarez. Co mesmo formato que na tradicional Festa do Albariño, no evento poderanse degustar as variedades de viños espumosos das adegas Terra de Asorey, Novavila, Martín Códax, Pablo Padín e Pepa a Loba do Salnés, Señorío de Rubiós, Eidosela e As Laxas do Condado e Altos de Torona de O Rosal. Ademáis, está festividade de inverno terá un carácter solidario e o…

Read the full description

prezo da copa de cristal, de 2 euros, irá destinado íntegramente á asociación GaliciAme, que preside Merchi Álvarez, para a investigación de esta enfermidade. En canto ao prezo dos espumosos, o mínimo por copa será de 2'5€ e por botella estará establecido por cada adega. A I Festa do Albariño de Inverno celebrarase o sábado 15 de decembro no Salón Peña en horario de 11:30 a 14:30 e de 18:00 a 21:30 horas pola tarde. A inauguración será ás 11:30 horas da mañá, co pregón e posteriormente coa actuación do violonchelista ruso Vladimir von Litvikh, e xa pola tarde, a música estará a cargo do grupo Galifunk Brass. Tamén haberá obradoiros e zona de xogos para os máis pequenos. Tanto dende o Concello como dende a Mancomunidade de O Salnés, destacan a importancia de crear este tipo de eventos que axudan a desestacionalizar o turismo e tamen promocionan o consumo de viños espumosos no Nadal. Así o explicaba o edil de enoturismo de Cambados, José Ramón Abal, durante a presentación da Festa do Albariño de Inverno na que estivo acompañado do delegado de Turismo da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Pita, e representantes das adegas participantes.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.