Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A DIRECCION DE LANTERO PIDE A XUNTA QUE TUTELE AS NEGOCIACIONS DO PLAN DE VIABILIDADE CO COMITE DE EMPRESA.
A Direccion de Lantero asegura sentirse disgustada e decepcionada tras a ausencia do comité de empresa nos dous encontros que se deberían celebrar nas xornadas de onte e hoxe para comezar coas negociacións do plan de viabilidade da firma de O Pousadoiro. Segue argumentando que o anuncio da folga rompeu a paz social e que ese é o motivo polo que o escenarios das negociacións debe ser Santiago e non as instalacións de O Pousadoiro. Asimesmo, a empresa fai un chamamento de responsabilidade ós traballadores na busca dun diálogo que aporte unha solución consensuada. Din os directivos da empresa…
Read the full description
que estarían encantados de que o comité de empresa lles propuxeran alternativas para esta situación e entenden que a folga indefinida convocada a partir do vindeiro luns polo comité non ten razón de ser e tratase dunha medida esaxerada. O seguinte paso que vai a seguir a dirección de lantero sera unha xuntanza para esta tarde coa Directora xeral de Relacions Laborais para solicitar que sexa a Xunta quen tutele as negociacions cos traballadores. Ademáis esta previsto que o vindeiro martes se realice outra reunion entre a dirección e o comité de empresa que vai coincidir en plena folga. Segundo a empresa, os despidos debense a adquision de nova tecnoloxia que permiten que se faga o mesmo traballo con menos empregados. A partir de hoxe comeza un período de consultas de 30 días que rematara o 7 de novembro Así o comunicaba a dirección de Lantero nunha rolda de prensa ofrecida esta maña e que recolleu Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.