Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICION DE EMPRENDEMAR
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Cambados pon en marcha unha nova edición do Proxecto Emprendemar, destinado ao emprendemento e a formación no sector marítimo pesqueiro, e que o ano pasado conseguiu o primeiro premio Economía Azul. Tralo éxito da pasada edición, na que houbo unha inserción laboral do 60% dos participantes, o concello de Cambados ten preparados 4 novos cursos que se desenvolverán durante os meses de outubro e novembro, financiados con fondos municipais. O periodo de inscripción para esta actividade formativa abrese o vindeiro luns, e poderan participar…
Read the full description
un total de 25 alumnos por curso de forma gratuita. Esta iniciativa, promovida polas Concellerias de Promoción Económica e do Mar, ten como obxetivo incentivar o emprendemento e o uso das novas tecnoloxías nas actividades tradicionais do sector marítimo pesqueiro. Ademáis, axuda a mellorar os méritos no baremo para opter permisos de explotación marisqueira. O tenente de alcalde, Víctor Caamaño, e o Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, explicaban esta mañá os detalles na presentación do programa, acompañados da docente dos cursos, Leticia García de Nordelaina.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.