skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILAGARCIA E CALDAS RECLAMAN A XUNTA QUE RECTIFIQUE SOBRE A VIA VERDE DO SALNES

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os alcaldes de Vilagarcia e Caldas, Alberto Varela e Juan Manuel Rey, explicaron esta mañá a súa valoración do encontro mantido este luns en Portas coa Conselleira de Medio Ambiente, Angeles Vázquez, sobre o proxecto da Vía Verde do Salnés. Nesa xuntanza, a Conselleira aseguraba que a Xunta mantiña a reserva de 175.000 euros da súa aportación económica pero sinalaba que era necesario un novo estudo da situación para ver en que maneira se pode artellar a participación do Goberno galego na execución do proxecto. Os rexedores de Vilagarcía e Caldas…

Read the full description

califican a reunión de “desagradable e brusca” e reclaman á Xunta que rectifique, que ainda está a tempo. Insisten en que a Xunta debe aportar o 35% real do proxecto contando o IVE, é dicir os 200.000 euros comprometidos inicialmente pola predecesora de Angeles Vázquez, e que se cumplan os prazos. Asimesmo, aseguran non entender as declaracións do novo alcalde de Portas que acusaba á Deputación de deixar descolgado do proxecto ao seu municipio, xa que, afirman, a administración provincial é a única que está cumplindo. Ademáis, reflexan o esforzo económico que ambos concellos terán que facer para asumir a diferencia da aportación inicial de Portas, que finalmente quedará nun 10% do orzamento. Así se pronunciaban Juan Manuel Rey e Alberto Varela.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.