skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A XUSTIZA DECLARA LEGAL A FOLGA DE LANTERO E O CONVENIO URBANISTICO CO CONCELLO QUEDA ANULADO.

Os traballadores de Lantero recibiron hoxe ánimos renovados con dúas boas novas sobre o seu conflicto. A primeira chegaba dende o Xulgado do Social de Pontevedra. I e que a xuiza que dirimía a demanda interposta pola dirección da cartoneira por suposta ilegalidade na convocatoria da folga fallaba a favor dos traballadores, desestimando a petición da firma. Segundo a sentencia, a convocatoria da folga é legal, e por tanto os traballadores poden seguir exercendo o seu dereito ó paro indefinido. E dende a dirección de a compañía, a firma amosa o seu respeto ante o fallo pero xa avanza que…

Read the full description

recurrirá a sentencia ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. En todo caso, a sentencia, sen dúbida, daralle folgos ós traballadores que hoxe levan 101 días en folga e que esta semana se enturbiaba cun accidente de tráfico en plena autoestrada AP9 entre o coche de escolta de Lantero e o vehículo dun traballador, que viaxaba acompañado da súa parella. Ainda que as versións do acontecido non coinciden, a colisión acabou involucrando a cinco vehículos e provocou feridas ós ocupantes relacionados coa cartoneira. As máis graves padéceas a compañeira do empregado do grupo, que permanece ingresada no Hospital Domínguez e tivo que ser intervida por unha fractura no brazo dereito. Ó marxe deste suceso, o conflicto viviu hoxe un novo capítulo no pleno extraordinario da corporación municipal, que declarou nulo o convenio entre o Concello de Vilagarcía e Lantero sobre a recalificación dos terreos de Rosalía de Castro, antiga ubicación da cartoneira. A moción, presentada por Esquerda Unida, foi aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais. Segundo a moción aprobada, o convenio urbanístico con Lantero é nulo porque non se axusta ó aprobado no seu día pola corporación e tampouco volveu ser ratificado polo pleno, como indica a súa última cláusula. Asimesmo, se exixe a Lantero a renuncia ós despidos e a retirada do expediente de regulación de emprego, así como das denuncias que interpuso contra os traballadores en folga para comezar a falar dun novo convenio urbanístico axustado a dereito. Agora, constituirase unha comisión de seguimento, integrada polos portavoces dos grupos municipais, técnicos do Concello e o comité de empresa de Lantero, para comezar a traballar no acordado nesta moción Así o expresaba o portavoz de Esquerda Unida, Juan Fajardo, na presentación da iniciativa, que recollemos en AROUSA DIA A DIA. Pola súa banda, na súa intervención o alcalde Tomás Fole dixo que entende que derrotar á empresa é derrotar ós traballadores, momento no que foi interrumpido con abucheos por parte dos asistentes. Tamén o recollemos en AROUSA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.