Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

SANXENXO CEDE A APLU O CONTROL URBANISTICO NOS NUCLEOS RURAIS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Axencia de Protección de Legalidade Urbanística (APLU) asume dende agora o control urbanístico dos núcleos rurais de Sanxenxo. A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Angeles Vázquez, asinou esta mañá en Sanxenxo co alcalde, Telmo Martín, o convenio coa APLU para que a partir de agora se encargue da vixiancia do cumplimento da lexislación urbanística nos entornos rurais. Trala sinatura do convenio, a Conselleira supervisou as obras de reforma e ampliación do parque de Panadeira, que comezaron con críticas veciñais pero que, segundo o…
Read the full description
alcalde, agora non reciben máis que felicitacións. A actuación, que estará rematada en febreiro, inclue un maior espacio peonil, unha pista polideportiva, a ampliación da zona de xogos infantís, con elementos novos, remodelación das zonas axardinadas e unha pérgola para a protección solar e as inclemencias do tempo. Todo elo supón unha inversión de 457.836 euros, financiados nun 80% pola Xunta e o resto por fondos municipais. Os detalles nolos contaban o alcalde, Telmo Martín, e a Conselleira Angeles Vázquez.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.