Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

GONZALO PITA CALIFICA DE HISTORICO O PACTO, ASINADO O 8 DE XUÑO
O virtual alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e os seus tres socios do futuro goberno formalizaron esta mañá públicamente o pacto entre SAL, BNG, PSOE e Sanxenxo Pode. Un pacto “histórico”, asinado o 8 de xuño, que, din, dende mañá asumen “con ilusión” co obxectivo de abrir o Concello á cidadanía, e romper coa imaxe de “clientelismo e corrupción”. “Queremos cambiar as cousas entre todos, e non entre un”, dixo Gonzalo Pita na súa primeira comparecencia pública tralo acordo, referíndose os motivos da ruptura das conversas da súa formación co PP de Telmo Martín: “é hora de dar un escarmiento ós…
Read the full description
que pensan que o poder é capaz de estar por riba de todo”. O candidato de SAL recoñeceu que tras comunicarlle a Telmo Martín a ruptura das conversas, seguiu recibindo chamadas do PP tentando reconducir a situación. Tamén admitiu a existencia de presións durante as negociacións “que xeraron dúbidas entre todos, pero que ó tempo nos fixeron ver que había que cambiar a forma de facer política” Detalles dunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.