skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ESPERANZA SALNES PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE CAPTACION DE SOCIOS EN COLABORACION COS COMERCIANTES DE CAMBADOS

A Asociación de Axuda a Discapacitados Esperanza Salnés pon en marcha unha nova campaña de captación de socios e colaboradores co apoio de Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados. O obxetivo desta campaña é a captación de fondos para que a asociación poida seguir cumprindo coa súa labor de atención á nenos discapacitados e deste xeito intentar que á cidadanía tome conciencia sobre este tema. Actualmente, Esperanza Salnés da asistencia a 24 nenos de toda a comarca, e ten unha ampla lista de espera debido ós servicios de calidade que ofrecen e á escasa oferta que hai de centros de…

Read the full description

atención a discapacitados. Todo aquel que queira dar o seu apoio a Esperanza Salnés pode facelo de dous xeitos: - Facéndose socio colaborador contactando coa asociación no número de teléfono 986543302 ou nas súas instalacións na rúa Os Pazos, nº 10 de Cambados, ou - Aportando o seu donativo na conta IBAN ES03 2080 5414 68 3040108244 na sucursal de Novagalicia Banco en Cambados. Ademáis, cada establecemento asociado a Cambados Zona Centro disporá de folletos onde tamén estará sinalada toda a información necesaria para esta colaboración. Non hai cantidade mínima para o donativo pero Augusto Chaves, xerente de Esperanza Salnés, aconsella que os ingresos sexan mensuais xa que así poderán ter máis facilidades á hora de facer fronte ós pagos de cada mes. Son datos que recollíamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA na rolda de prensa celebrada esta mañá no salón de plenos do concello de Cambados, coa presencia do Presidente de Cambados Zona Centro, Juan Rey, e o Xerente de Esperanza Salnés, Augusto Chavez, acompañados polo teniente de alcalde de Cambados, Antonio Iglesias Pombo.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.