skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

COMEZAN AS OBRAS DE REPOSICION NA PONTE DA ILLA DE AROUSA

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta de Galicia comeza hoxe a sustitución dunha das xuntas de dilatación da ponte da Illa de Arousa que deu problemas durante o pasado 25 de xullo, mesmo provocando retencións e accidentes entre os condutores que usaban a vía. Tal como se anunciara, a actuación realízase despois do verán, para evitar así a afección ao tráfico. CCOs traballos, que suporán un investimento de máis de 18.500 euros, consistirán na substitución dos fol da xunta, incluíndo todos os elementos necesarios, cun sistema de adaptación coa xunta existente e rebaixe do formigón…

Read the full description

da lousa. As obras terán unha duración de entre dez días e dúas semanas, cortándose o tráfico nun sentido de circulación e regulándose a través dun semáforo. A actuación forma parte dun conxunto de sete intervencións de substitución e mellora de xuntas en estradas da provincia, cinco delas no Salnés e dúas no alto do Candán en Lalín. En total, a obra conxunta rolda os 48.400 euros. No caso do Salnés, a Consellería de Infraestructuras tamén levará a cabo a reparación doutras catro xuntas de dilatación noutras zonas de Vilagarcía. Concretamente, na variante VG 47, na PO-548, chegando á ponte do ferrocarril en Carril, e na PO-305 no entorno do Polígono do Pousadoiro. Así nolo explicaban esta mañá o delegado territorial da Xunta, Cores Tourís, e o director do proxecto, Antonio Pulido, durante unha visita ao inicio dos traballos na Ponte de A Illa, acompañados polos concelleiros de A Illa de Arousa, Alfonso Salgado e Luis Arosa.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.