Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS TRABALLADORES DO HOSPITAL DO SALNES DENUNCIAN A PERDA DE SERVIZOS E DE CALIDADE ASISTENCIAL
A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés denuncia o deterioro que, ao seu entender, están rexistrando as súas condicións de traballo e a perda da calidade asistencial dende a incorporación do centro comarcal á Area Integrada Pontevedra Salnés. Nos últimos 4 anos, segundo o balance realizado esta mañá polos traballadores, o Salnés perdeu numerosos servizos que agora están xestionados directamente polo hospital de Pontevedra. Entre eles, o Hospital comarcal xa non conta con almacén, non realiza as compras de medicación, os aparatos tecnolóxicos son os que xa non se utilizan en Pontevedra e…
Read the full description
están obsoletos e o material necesario é de peor calidad do que se viña utilizando ata o momento. Ademáis, esta situación tamen repercute directamente nos usuarios, con longas listas de espera e masificacións en urxencias e nas consultas. Son datos que revelaba Celia Iglesias, voceira da xunta de persoal do Hospital do Salnes, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.