Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PODE REAFIRMA A SUA POSTURA SOBRE A MOCION DOS HORARIOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O portavoz de Cambados Pode, José Ramón Abal, atribue á preocupación social existente o seu cambio de postura sobre os horarios das casetas do Albariño decididas polo Consello Regulador. Abal explicou esta mañá que “moitos veciños e hosteleiros de Cambados lle trasladaron a súa preocupación” por uns horarios que aseguran non entender. Por tal motivo, o portavoz da formación municipal asegura que “unha decisión tan trascendental que pode ter consecuencias catastróficas para Cambados e a comarca hai que debatela no pleno que é onde reside a soberanía…
Read the full description
cidadá”. Asegura ademáis que a prevista negociación entre o Concello e a D.O Rías Baixas “empezou mal cando o Consello Regulador “chantaxea” aprobando os horarios de forma unilateral” e afirma que “non confía” no presidente da D.O que xa o ano pasado negou a súa participación na Comisión de Seguimento da Cidade Europea do Viño. Asimesmo dí que “a decisión do pleno será innegociable” e mesmo avanza a posibilidade de celebrar a Festa do Albariño sen a contribución da D.O Rías Baixas.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.