skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O SALNES NECESITA FAMILIAS DE ACOLLIDA

A Cruz Bermella pon en marcha en Ribadumia a campaña “En Familia por Dereito”, que apela á solidariedade cidadá para promover o acollemento familiar, dado a ausencia de familias de acollida na comarca de O Salnés. O programa, que se realiza en colaboración coa Xunta e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, pretende sensibilizar ás familias do municipio e da comarca para que acollan a menores de idade procedentes dos servizos sociais. A campaña desenvolverase dende hoxe ata o venres 13 de maio con diferentes actividades, que comezan hoxe cunha exposición de 8 paneis…

Read the full description

informativos sobre experiencias de familias acolledoras e persoas que foron acollidas no pasado. A mostra estará visible ao público no vestíbulo do Concello de Ribadumia ata o 13 de maio. Ademáis, realizaranse varias sesións de sensibilización: un taller de acollemento familiar no colexio Julia Becerrea Malvar, de Barrantes, o día 9 de maio, coa participación de 88 alumnos, un stand informativo o 15 de maio na VIII Feira da Familia na praza do Concello de Ribadumia, e unha charla informativa impartida por técnicos do proxecto, o día 19 no Centro Social de Barrantes. A campaña “En Familia por Dereito” foi presentada esta mañá en Ribadumia, coa presenza do Concelleiro de Servizos Sociais, Enrique Oubiña, a presidenta provincial de Cruz Bermella, Teresa Alvarez, e unha familia acolledora, Susana Vidal e José Buceta, que nos contaron a súa experiencia. Así o recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.