Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

RIBADUMIA PRETENDE QUE A FESTA DO PAN SEXA DECLARADA DE INTERESE TURISTICO DE GALICIA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ribadumia ten xa preparado o programa da décimo sétima edición da Festa do Pan, que se celebrará o 11 de agosto e na que se homenaxea aos panadeiros do municipio e á tradicional moenda do millo e elaboración do pan. O evento foi presentado esta mañá coa presencia do alcalde de Ribadumia, David Castro que avanzaba a intención do Concello de solicitar a Declaración de Interese Turístico de Galicia para esta festividade. A maior parte das actividades desenvolveranse na Carballeira a partir das 17 horas con Concursos de Postres Caseiros e Empanadas de…
Read the full description
millo, Obradoiro infantil de elaboración do pan e Representación da moenda nos Muiños do Batán. A programación inclue este ano a exposición “Con Pan e Viño ándase o Camiño”, en colaboración cos Amigos do Camiño Portugués, que se inaugurará ás 20 horas. Xa pola noite, ás 22 horas comezará a Degustación de distintas variedades de pan e a Cea de confraternidade, amenizada con música tradicional e verbena do Dúo Marema. Dentro da parte gastronómica, haberá venda de ovos fritidos con pan a 1 euro, postos de polbo, pan, empanadas e postres a prezos populares e viño Tinto do Salnés a 1,50. O Concello anima aos asistentes a acudir caracterizados con prendas da Ribadumia dos anos 50.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.