skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS APOSTA POLA PESCA DO CERCO CUNHAS XORNADAS GASTRONÓMICAS E UNHA RUTA DE TAPAS.

A Mancomunidade do Salnés adicará o vindeiro mes de maio á promoción da pesca do cerco e os seus productos. Para elo, dende o ente comarcal estanse a organizar as xornadas gastronómicas "Acercando" onde a través de obradoiros de cociña e chefs estudios, tentaráse amosar a tódolos públicos os beneficios saudables de peixes como a xarda, a sardiña ou o xurel. Cada luns do mes de maio, a partir das 11:30 da maña, haberá un obradoiro de cociña dirixido a profesionais do turismo; o primeiro, o día 5, será en Meaño, na Quinta de San Amaro, o luns 12 será en Ribadumia na Bodega Lagar de Pintos, o 19…

Read the full description

de maio no Pazo Baión en Vilanova e o último, o día 26 no Faro Punta Cabalo da Illa de Arousa. Por outra banda, tamén haberá citas para tódolos públicos nos Chefs estudios que se farán o sábado 10 de maio na Praza de Fefiñans en Cambados da man de Pepe Solla e Ángel León, o sábado 17 de maio na Praza de Galicia en Vilagarcia a cargo de Beatriz Sotelo e Mónica Novas, e por último o venres día 23 na Praza do Corgo de O Grove cos cociñeiros Xavier Olleros, Yayo Daporta e Antonio Botana. Ademáis das Xornadas, a Mancomunidade do Salnés xunto coas asociacións Cambados Zona Centro e Emgroves fixaron para as fins de semanas de maio, unha ruta de tapas, nas que durante os venres, sábados e domingos, 9 restaurantes de O Grove e 13 de Cambados ofrecerán unha tapa con productos do cerco ó prezo de 1 euro. As xornadas de promoción dos productos do cerco foron presentadas esta mañá en Cambados polo xerente da Mancomunidade do Salnés, Ramón Guinarte, coa presencia dos chefs Yayo Daporta e Antonio Botana. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as súas declaracións.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.