Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

PONSE EN MARCHA A WEB INVEST IN VILAGARCIA PARA A CAPTACION DE NOVAS EMPRESAS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O concello de Vilagarcía ven de iniciar outro dos programas incluidos dentro do Plan de Reactivación Económica para paliar os efectos da pandemia no municipio, valorado no seu conxunto nun millón de euros. Trátase, en concreto, do programa Invest in Vilagarcía, cuxa función é captar novas empresas e actividades para o municipio, e que está dotado dunha partida de 17.000 euros. Neste apartado, o Concello pretende identificar os sectores potenciais que mellor poden aproveitar as condicións que ofrece o municipio e atraelos para a súa implantación na vila. Para tal…
Read the full description
fin, o goberno municipal valerase da páxina web www.investinvilagarcia.com na que se reflexan todos os recursos do municipio e dunha oficina virtual de asesoramento. Dúas ferramentas que o alcalde Alberto Varela e a Concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, identificaban esta mañá como unha carta de presentación.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.