Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VARELA PIDE A COLABORACION DO PORTO PARA O CENTRO DE SAUDE NO INMOBLE DA COMANDANCIA
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, pide a colaboración da Autoridade Portuaria ante o impedimento que pon a presidenta da entidade para a posible construcción dun centro de salud en la Comandancia da Mariña. A presidenta do Porto de Vilagarcía reclamaba a titularidade do inmoble ante a intención do alcalde de pedir a Defensa que restitúa ao Concello o inmoble que, segundo Sagrario Franco, Defensa cedeu definitivamente como dominio público portuario en 2008. Engade ademáis, que os terreos están incluidos na vixente delimitación de Espazos e Usos Portuarios. Sen embargo, na súa réplica o…
Read the full description
alcalde Alberto Varela considera que a cesión foi temporal, entende que o uso debe ser para benefico público e se pregunta qué é máis importante para os veciños, se o centro de saúde ou oficinas para novos empresarios de Pontevedra. O rexedor reclama a colaboración entre administracións e pide á presidenta portuaria que non poña ningún impedimento á próxima visita dos técnicos da Consellería de Sanidade para comprobar as posibilidades de crear na Comandancia da Mariña o novo centro de saúde. Declaracións de Alberto Varela nunha rolda de prensa que recolleu Alba Piñeiro para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.