skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Os docentes do ies de carril contra a supresion dunha praza de administrativo

Os docentes do Instituto de Carril mobilízáronse esta mañá nunha concentración en contra da orden da Consellería de Educación de suprimir varias prazas de auxiliar de administración en centros de Secundaria da comarca. A orden publicarase este mércores no DOG e pasará a ser efectiva ao día seguinte. O profesorado do instituto de Carril considera que «chega no peor momento posible, ás portas do final de curso, un dos momentos máis álxidos en traballo administrativo». Dende o xoves, unha única taballadora farase cargo da ventanilla e do labor interior de oficina, xa que a outra administrativa…

Read the full description

será trasladada a un centro de Infantil e Primaria. Os docentes e a dirección do centro argumentan que a pérda dunha das dúas prazas de persoal administrativo «fará sumamente difícil o desenvolvemento normal das matrículas nas probas de acceso á universidade e as matrículas para o vindeiro curso». Así nolo expresaba esta mañá para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Ana Barral, xefa de estudos do IES de Carril. Xunto co Instituto de Carril, tamén perderán unha praza o Castro Alobre de Vilagarcía, o Ramón Cabanillas de Cambados e o Monte da Vila de O Grove.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.