Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O EDIFICIO DE USOS NAUTICOS DA ILLA SERA POR FIN REALIDADE
A Illa de Arousa terá por fin o agardado edificio de usos náuticos que dará servicio o Club de Piraguismo e ó Club A Dorna. O presidente da Deputación Rafael Louzan comprometeu unha partida da institución provincial, ainda sen importe concreto, a facer realidade a tan demandada infraestructura. O acordo selouse durante o encontro entre o presidente provincial e o alcalde de A Illa, Xosé Manuel Vázquez, celebrado esta mañá na casa consitorial. Para o rexedor era necesario dotar á Illa dunhas novas instalacións , posto que as actuais presentan múltiples deficiencias. As barreiras…
Read the full description
arquitectónicas, que impiden o acceso a persoas con discapacidade; a mala localización e o pequeno tamaño dos vestiarios; a falta de conexión dos aseos coa rede de saneamento; as filtracións de auga no ximnasio; as humidades; ou un hangar totalmente insuficiente, que obriga a deixar as piraguas nun colector no exterior do edificio, son algúns dos problemas das instalacións do Bao, ademais da falta doutros equipamentos básicos, como sala de reunións, almacén de complementos, taller de reparación ou unha oficina ampla. Tanto o alcalde como o presidente da Deputación amosaban esta mañá a súa satisfacción por ver cumprido unha demanda tan agardada.. Así nolo decían en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA en conversa con Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.