skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ALBARIÑO TERA PUNTO MORADO COA ADHESIÓN DA HOSTELERIA LOCAL

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Festa do Albariño volverá a contar cun Punto Morado en contra da Violencia de Xénero ao que poderán acudir as mulleres que sufran unha situación de acoso O Punto estará ubicado nunha carpa no Paseo da Calzada. Ademáis, por segundo ano consecutivo unhas 30 voluntarias de Cambados e a comarca estarán presentes durante os cinco días do evento percorrendo diferentes lugares para informar e sensibilizar contra actitudes machistas que, en moitos casos, poden derivar en agresións sexuais. Asimesmo, prestarán axuda a quen poida necesitalo nun momento…

Read the full description

determinado e estarán perfectamente identificadas cun chaleco reflectante. Como novidade, este ano súmanse á iniciativa uns 25 establecementos da hostelería e o comercio local, que servirán ao tempo como punto de acollemento. Todos os voluntarios e voluntarias recibirán catro horas de formación seguindo un protocolo elaborado para tal fin para que sepan cómo actuar en caso de ser necesario. Quen queira formar parte do voluntariado todavía está a tempo de inscribirse a través da Concellería de Igualdade de Cambados ou directamente en Alcaldía. Así o explicaban esta mañá a alcaldesa, Fátima Abal, e a técnica de Igualdade, Mónica Novas, na presentación do Punto Morado.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.