Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MEAÑO RECIBE ESTA NOITE Á CAMPEONA DE BANDAS
Os veciños de Meaño agardan con ledicia a chegada da Banda Unión Musical de Meaño tralo seu éxito acadado en Holanda. As 22 horas deste noite está prevista a chegada dos membros da banda, despois de conseguir o domingo o primeiro premio no “World Music Contest” de Kerkrade, un festival que se celebra cada catro anos e que é considerado o mellor das bandas de música a nivel internaiconal. Ademáis, a banda meañesa tamén foi agasallada co “Timbal de Ouro” por ser a formación que máis puntuación obtivo entre as 200 bandas dos cinco continentes que participaron no festival ó longo de todo o mes de…
Read the full description
xullo. Está previsto que numerosos veciños de Meaño acudan esta noite ás inmediacións da Praza da Feira para recibir ós membros da banda, integrada por máis de un cento de compoñentes, que viaxan en dous autobuses dende Holanda. Co director da banda, David Fiuza, falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.