Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O FESTIVAL DE ESTIO PROPON ESTE ANO DOCE MICROESCEAS CON CONTOS, TEATRO E MAXIA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Parque Miguel Hernández de Vilagarcía será o sábado 16 de xuño, dende ás 11.30 horas, o escenario do Festival de Estío co que os máis pequenos da vila poden dar a benvida ao verán. Este ano, o Festival únese ao programa de dinamización lingüística Apego, nunha gran xornada de encontro para as familias, chea de música, de xogos educativos e de espazos para microesceas, con contos, teatro, títeres ou máxia, dos que gozarán tanto grandes coma pequenos. Serán tres espazos onde se desenvolverán doce microescenas de proximidade, de 10 minutos cada unha…
Read the full description
por parte de creadores de referencia nas programacións familiares, como Charo Pita, Ignacio Vilariño, Anxo Moure, Trinke Trinke ou Bea Campos. O obxectivo é que o público poida ir rotando dun a outro espectáculo dunha maneira dinámica. Ademáis, haberá tamén un escenario polo que pasará un dos proxectos musicais máis recoñecidos de Galicia, como é a banda musical de Pablo Díaz que pechará a xornada cun concerto presentando o seu último traballo. Durante toda a xornada tamén haberá un amplo espazo para o xogo que potenciará a socialización das familias e o desfrute libre da cativada. Así nolo contaban a Concelleira de Cultura, Sonia Outón e Emi Candal de Urdime, a organizadora das propostas.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.