skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILAGARCIA INAUGURA OS DOUS NOVOS OBRADOIROS DESTINADOS A FONTANERÍA, CARPINTERÍA, DEPORTE E SOCORRISMO

O xefe territorial de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, inauguraron esta mañá dos dous novos obradoiros de emprego para este concello, un deles de garantía xuvenil destinado aos máis novos. O primeiro dos obradoiros, “Forme 17” é ordinario e favorecerá a un total de 20 desempregados en Fontanería e Carpintería. Terá unha duración de 9 meses, cun investimento procedente da administración autonómica de case 280.000 euros. “Forme 17” está destinado a formar aos alumnos na elaboración e mantemento de mobiliario para a…

Read the full description

revalorización dos espazos públicos e no mantemento e reparación de elementos de fontanería tanto no Parque da Ravella, como nos do Castriño, Compostela, A Coca, Parques de Carril e Vilaxoan, Xunqueira, zonas peonís do casco urbano e zonas rurais, así como na sede do obradoiro, na Escola de Música, no conservatorio de musica, na biblioteca municipal e nas Axencias de Lectura e instalacións deportivas municipais. O seu obxectivo último será a conservación do mobiliario urbano tanto exterior como nas dependencias interiores do Concello, o que implica a optimización dos recursos propios e o aproveitamento redundando na prestación de servizos á cidadanía en condicións de calidade. Por outra banda, “Labora Xove 2017” centrarase, no eido das operacións auxiliares de actividades e funcionamento de instalacións deportivas, así como en socorrismo en espazos acuáticos. Os 15 alumnos serán menores de 30 anos e formaranse durante 6 meses. Esta iniciativa contará cun investimento de 140.000 euros. Os alumnos prepararán a asistencia operativa dos técnicos deportivos no desenvolvemento de actividades deportivas, tarefas de control de acceso, circulación, atención a usuarios e mellora da seguridade no complexo deportivo de Fontecarmoa. Tamén se encargarán da organización, control e asistencia en colaboración co Servizo Municipal de Emerxencias do Concello aplicando as técnicas dos socorristas acuáticos. O obxectivo da súa formación e mellorar a seguridade nas actividades acuáticas, potenciar a actividade deportiva como recurso para a mellora da saúde e da calidade de vida da cidadanía.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.