Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CONSORCIO DO SALNES PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA MERCAR A PRAZOS
O Consorcio do Comercio do Salnés inicia a súa nova etapa con novos proxectos para as 8 asociacións de comerciantes que o compoñen e ao que regresaron os colectivos de Ribadumia e Vilanova. A primeira iniciativa é o programa Aprazos, mediante un convenio de colaboración con Abanca, destinado a facilitar as compras e incentivar a actividade no pequeno comercio local. Os clientes poden aprazar as súas compras superiores a 50 euros ata un máximo de 36 mensualidades, en función do importe da compra. O programa prolongarase ata o 15 de maio en todos os comercios adheridos ao Consorcio do Salnés…
Read the full description
Ademáis, ao remate da campaña realizarase un sorteo entre os clientes que aprazaron as súas compras que poderán optar a 5 premios de 500 euros, 5 en vales de 50 euros, 5 smartwatch e 5 televisores. Os detalles explicábaos esta mañá o presidente do Consorcio Juan Rey e a representante de Abanca, Carmen Fernández, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.