Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILANOVA PON EN MARCHA O II OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLOXICA E TURISMO
20 alumnos en condicións de desemprego formaranse durante seis meses a partir de setembro no II Obradoiro de Emprego orientado á agricultura ecolóxica e á promoción do turismo, que se desenvolverá no Pazo de Vista Real de Vilanova. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentou esta mañá o novo programa de formación ocupacional que dará continuidade ao rematado no mes de marzo e que xa conseguiu a inserción laboral dalgúns dos participantes, así como tamén a venda na comarca de productos ecolóxicos. De feito, no eido da agricultura ecolóxica, varios dos…
Read the full description
alumnos están xa a traballar en dúas empresas de Pontevedra e Vilanova, e hai unha terceira interesada neste persoal especializado. Nesta II edición, serán 20 os alumnos que durante os seis meses a partir de setembro recibirán a formación en ambos ámbitos, agricultura ecolóxica e turismo, recibindo o salario mínimo interprofesional. de 630 euros. Para poñer en marcha este novo obradoiro, a xunta inviste 180.000 euros, e o concello sobre 20.000 euros. Así o explicaban esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, o delegado territorial, Cores Tourís, e o concelleiro Javier Tourís na presentación do obradoiro que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.