skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MEIS AFORRARA 11.400 EUROS O ANO MEDIANTE O CAMBIO DE 97 LUMINARIAS EN PARADELA

O concello de Meis aforrará 11.400 euros ó ano coa sustitución de 97 luminarias convencionais por lámpadas led na parroquia de Paradela, o que reducirá o consumo e o fluxo luminoso un 50% durante 11 horas ao día. Son os datos revelados durante a visita realizada esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, ó municipio de Meis, para analizar a aplicación neste concello do Programa de Eficiencia Enerxética impulsado pola Consellería de Industria a través do Inega. No caso de Meis, o investimento para estas actuacións é de 60.000 euros, dos cales 51.000 foron…

Read the full description

subvencionados pola administración autonómica. Ademáis do cambio das lámpadas, procederase á colocación dun reloxo astronómico que regulará o prendido e apagado dos equipos. Con ambas medidas, os técnicos calculan que Meis poderá conseguir un aforro enerxético no alumeado público de ata o 60%, eliminando 40 toneladas de emisión de CO2 á atmósfera. O concello de Meis inclúse no proxecto mancomunado presentado xunto con outros municipios das comarcas de O Salnés, Caldas e Pontevedra, entre que os que se investirán 538.000 euros, dos que 457.000 serán aportados pola Xunta. Os concellos beneficiarios son os de Vilagarcía, Catoira, Caldas, Pontecesures, Meis, Meaño, Ribadumia, Poio y Sanxenxo. ahorro estimado entre los municipios en un año es de 96.500 euros. Son os datos ofrecidos esta mañá en Meis, polo delegado territorial da Xunta, Cores Tourís, na visita a Paradela, acompañado polo alcalde José Luis Pérez. Para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recolleu as declaracións Alba Piñeiro.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.