Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O COMITE DE EMPRESA CONFIA EN QUE A VENDA DE LANTERO MANTEÑA A MESMA PLANTILLA
Lantero vende as súas fábricas de cartón ondulado á empresa británica DS Smith, por 190 millóns de euros. A operación enmárcase dentro do proceso de expansión que dende hai dous anos a firma europea está a relizar en España. A previsión dos promotores do proceso é acadar a autorización neste terceiro trimestre do ano e pechar así a transacción dentro do ano en curso. DS Smith posuía xa o 25% das accións do grupo Lantero. A venda afecta ás plantas que Lantero Galicia ten en Vilagarcía e A Pobra e está suxeita á aprobación da Autoridade de Competencia, pero non así os terreos que a cartoneira…
Read the full description
posúe en Rosalía de Castro, sobre os que dende hai anos pretende un proxecto de urbanización suxeito a un convenio co Concello. A dirección de Lantero explica que a venta obedece ó seu Plan Estratéxico para concentrar os seus esforzos no crecemento das divisións de embalaxe de plástico. A plantilla ainda non ten coñecemento oficial da venda e dende o comité de empresa están a espera de información directa da dirección para convocar unha asemblea informativa. De principio, asumen o proceso con certa tranquilidade, agardando que o novo propietario manteña os mesmos postos de traballo. O presidente do comité de empresa, Jesús López, explicábanos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA, que a operación non lles colle por sorpresa xa que hai dous anos que o grupo Lantero ven realizando transaccións semellantes noutras plantas do resto de España. DS Smith é líder europeo na fabricación de embalaxe de cartón ondulado e opera en 23 países cunha plantilla de máis de 24.700 traballadores.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.