Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MANCOMUNIDADE DO SALNES SEGUIRA APOSTANDO POLA PRESTACION CONXUNTA DE SERVICIOS NO ANO QUE VEN
A mancomunidade do Salnés contará para o ano que ven cun orzamento de preto de 2,5 millóns de euros, que se incrementa nun 5% con respecto ó ano pasado e que será maior tendo en conta as subvencións que procedan doutras administracións. A entidade supramunicipal seguirá apostando pola prestación conxunta de servicios como sistema de eficiencia no gasto público, mesmo ampliando os principais servicios básicos. Neste sentido, a mancomunidade manterá os servicios básicos de bacheo de estradas, uso da motoniveladora para mantemento de camiños e pistas, que seguirá rotando por todolos concellos do…
Read the full description
Salnés, servicio de limpeza dos marxes dos viais, e subministros de auga e recollida de resíduos sólidos urbanos nos concellos de Vilanova, Meis e Cambados. Precisamente, polo incremento do canon de SOGAMA, o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, está na procura de alternativas que permitan abaratar custes, como poderían ser a planta experimental de Touro e promover a compostaxe no rural. Tamén se seguirá promovendo o comercio e o turismo cara o exterior, establecéndose por primeira vez unha partida orzamentaria destinada para esta finalidade. Dentro deste apartado, a entidade comarcal asinará un convenio coa Axencia Galega de Turismo e porá en marcha un proxecto de promoción do turismo gastronómico, financiado polo Grupo de Acción Costeira, baixo a denominación “Producto da Ría de Arousa: un referente mundial”. De todo elo, falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Gonzalo Durán, presidente da Mancomunidade do Salnés, nesta entrevista de Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.