Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A ZAMBURIÑA PROTAGONIZA A FIN DE SEMANA EN CAMBADOS
Cambados comeza hoxe as III Xornadas de Exaltación da Zamburiña con diferentes propostas elaboradas por dez locais de hostelería que se poderán degustar ata o vindeiro martes 5 de decembro. O bivalvo pode tomarse en ensalada, brocheta, revolto, nido, ravioli ou ao tradicional á plancha cun prezo de 6 euros á ración e 12 euros se vai acompañada dunha botella de albariño. Os clientes que participen nas Xornadas poden tamén votar polas tres mellores propostas e entrar nun sorteo de tres vales compra, un de 100 euros e dous de 50 euros, consumibles nos comercios asociados a Zona Centro. O sorteo…
Read the full description
realizarase o 11 de decembro nas oficinas da Asociación de Comerciantes. Os detalles explicábanos na presentación da iniciativa, no Restaurante Casa de Miguel, o concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, acompañado da alcaldesa, Fátima Abal, o tenente de alcalde, Victor Caamaño o Presidente da Asociación de comerciantes Zona Centro, Juan Rey e o Deputado Provincial de Promoción Económica Javier Dios.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.