Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

NACE VISIT AROUSA, COMO UNHA FORMA SINGULAR DE VENDER O SALNES
Unha decena de empresas do sector turístico do Salnés integran a Plataforma turística "Visit Arousa", que se presentou hoxe no Pazo de Rubiáns. A súa finalidade é “vender” a comarca do Salnés como unha referencia de destino turístico de calidade. Os integrantes da plataforma son Pazo de Rubiáns, Adega Eidos, Adegas Mar de Frades, Quinta de San Amaro, Grande Hotel La Toja, Piragüilla Turismo Activo, Turismo Náutico, Mariña Vilagarcía, Arrullos da Auga e a axencia Tee Travel. A agrupación tamén quere promover sinerxías, unións profesionais e colaboración entre empresas e membros colaboradores…
Read the full description
establecer un calendario de actuacións, converter a plataforma nunha unidade de apoio actualizada con información sobre os seus integrantes. En definitiva, Arousa e a comarca do Salnés "venderáse" no exterior como un lugar singular pola súa oferta relacionada co viño, a gastronomía, as praias e o mar, a Ruta da Camelia, a accesibilidade do destino, o termalismo e o turismo urbano. Visit Arousa presentouse este mediodía no Pazo de Rubiáns coa presencia da Directora Xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro, e do Presidente da Deputación, Rafael Louzán. Con ambos, e tamén coa xerente da Plataforma, Mar Rodríguez, da axencia Tee Travel, falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.