Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Vilagarcia proxecta a creacion de ciclovias por mais de 1,6 millons de euros
O Concello de Vilagarcía pretende a creación de ciclovías no centro urbano para dotar ás rúas de mellor mobilidade. Para tal fin, o goberno local encargou un estudio a un equipo de expertos de Vigo, que presentaron o documento esta mañá. A rede de ciclovías desenvolveráse en tres fases: a primeira de calmado de tráfico e peonalizacións, que xa está realizando o concello; a segunda sería a creación das ciclovías polo entorno do casco urbano e a terceira, que consistiría na unión con estas vías de Carril e Vilaxoán. Polo momento, a administración local aprobou en Xunta de Goberno a execución do…
Read the full description
proxecto que se financiará con fondos FEDER e que se podería levar a cabo no 2018. De principio, executaríase a metade da segunda fase, presupuestada en máis de 300.000 euros polas rúas Avenida de Cambados, Rodrigo de Mendoza e Alexandre Bóveda. A ciclovía quedaría ubicada nunha das marxes e suporía a posible eliminación de aparcamentos ou a reducción do ancho dos carrís. Segundo o estudio elaborado por Jam 2 Arquitectos, o total da segunda fase ascendería a uns 850.000 euros máis os 800.000 euros que custaría realizar a terceira fase. Os detalles explicábannos esta mañá a concelleira de Urbanismo Paola María e o arquitecto Alexandre Mouriño.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.