skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

TRES MARIÑEIROS FALECIDOS NO NAUFRAXIO DO NOVO MARCOS EN POIO

Tres mariñeiros faleceron e dous conseguiron sobrevivir no naufraxio acontecido esta madrugada na ría de Pontevedra. O corpo do patrón do barco, que permanecía desaparecido, foi atopado finalmente polos mergulladores da Garda Civil nas proximidades da embarcación, afundida a 15 metros de profundidade. Dous dos falecidos son pais dos dous supervivintes. A embarcación Nuevo Marcos, ten base en Portonovo pero os seus cinco tripulantes son de Campelo en Poio. No momento do naufraxio regresaba a porto sobre as 4 madrugada tras facer unha parada no porto de Marín. Por causas que se descoñecen a…

Read the full description

embarcación chocou contra unha batea e afundiuse entre Tambo e Combarro a uns 200 metros da costa. Un dos supervivintes conseguiu chegar a nado ata a costa e o outro foi localizado polos equipos de salvamento, ainda que ferido, agarrado a unha batea. O Concello de Poio celebrou este mediodía un Pleno extraordinario no que declarou tres días de loito oficial. Para saber o que que puido acontecer falamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA co patrón maior de Portonovo, José Antonio Gomez.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.