
É de mañá con Neves Rodríguez
Neste xoves no que Christine fixo acto de presencia nós ficamos ao quente coa compaña da radio de proximidade. No É de mañá levantamos a persiana e o primeiro que vimos foi o Mosteiro de Carboeiro en Silleda que por fin recuperou dúas pezas do seu tímpano que foran expoliadas hai máis de 50 anos; disto e da necesidade dunha restauración urxente do edificio falounos a alcaldesa de Silleda Paula Fernández. Antón Reigosa, unha das figuras máis recoñecidas en Galicia no eido da investigación da nosa cultura popular, conversou no É de mañá das orixes do Entroido, da súa simboloxía, das diferentes…
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.