skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS OBRAS DA PONTE QUE UNE SISAN E BARRANTES ESTARAN REMATADAS A PRINCIPIOS DE ANO

As obras de demolición e reconstrucción da ponte sobre o río Armenteira, en Ribadumia, que une ás parroquias de Sisán e Barrantes comezan despoís de varios meses de retraso. O aplazamento foi debido a que por esta ponte pasa unha tubería de abastece de auga a toda a comarca do Salnés, polo que se tivo que esperar ó remate do verán para que baixara o consumo da auga e se poidera dar paso a demolición. Esta previsto que estas obras, realizadas cun presuposto de 236.000 euros, financiado pola Xunta de Galicia, estean rematadas a principios do ano que ven. Trátase dunha ponte moi transitada polos…

Read the full description

veciños que tras este corte da vía teñen que dar un amplo rodeo pola localidade para chegar ó seu destino. A estructura desta ponte estaba moi deteriorada polo que esta remodelación, suporá a dotación dunha boa cimentación que aguante o tránsito de vehículos e o cauce da auga nas crecidas do río. Ademáis, a ponte contará con máis luz xa que se elevará a súa altura de 10 a 20 metros polo que se poderá pasear por debaixo do vial cando a o cauce do río este baixo. Tamén habilitaranse dous carris e unha senda peonil que formará parte do futuro paseo dende a ponte de Barrantes ata a desembocadura do río Umia. Todo elo, no lo contaban en conversa con Alba Piñeiro para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a Alcaldesa de Ribadumia, Salome Peña, acompañada polo director da obra, Francisco Alonso, e o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra , Jose Manuel Cores Tourís, que esta mañá visitaron "in situ" o estado das obras.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.