Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS NOVOS OBRADOIROS DE EMPREGO DO SALNES BAIXAN A IDADE DE ACCESO DOS 25 OS 18 ANOS
A comarca do Salnés contará con novas edicións dos seus obradoiros de emprego que se iniciarán antes do 1 de Outubro e que este ano teñen como principal novidade que a idade de acceso os obradoiros baixa dos 25 ós 18 anos. A Mancomunidade do Salnés contará cunha nova edicón do seu obradoiro de Hostelería que en anos pasados conseguiu un excelente número de inserción laboral e que se leva a cabo no concello de O Grove. Ademáis, os concellos de Vilagarcía e Cambados tamén contarán con segundas edicións dos seus obradoiros destinados á conservación de espazos públicos e naturais das localidades…
Read the full description
No caso de Vilagarcía, o Obradoiro Vista Alegre II permitirá facer obras de carpintería, xardinería e pintura e en Cambados, Cambados Turismo Sostible II encargaráse da formación en cantería, carpintería, xardinería e fontanería. Para estes proxectos destinaránse preto de 600.000 euros e daráse emprego a máis de 80 persoas durante 6 meses. Estes novos obradoiros de emprego da comarca do Salnés xa foron aprobados e presentados esta mañá en Cambados pola Directora Xeral de Emprego e Formación , Ana María Díaz López. Na rolda de prensa celebrada no centro de Expolsanés tamén estaban presentes o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, e os Alcaldes dos concellos de Vilagarcía Tomás Fole, Cambados, Luis Aragunde, e O Grove Miguel Angel Pérez.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.