Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

70 IMAXES DUNHA MIRADA DE ANTANO EN GALICIA POR RUTH MATILDA
Afundación, Abanca e o Concello de Vilagarcía asinaron esta mañá en dependencias municipais un convenio de colaboración cultural para que Vilagarcía acolla a exposición "Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia". Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. Son 70 imaxes as seleccionadas que pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre…
Read the full description
os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. A mostra inaugurarase o 11 de maio e permanecerá aberta ao público durante un mes na sala de exposicións Antón Rivas Briones, na rúa Rei Daviña. Nolo explicaban esta mañá na presentación da mostra o director de zona de Abanca, Víctor Vázquez, e a coordinadora da Area de Cultura de Afundación, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.