Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Cig salnes sumase a manifestacion deste domingo contra a lei de fomento empresarial
O Sindicato CIG do Salnés mobilízase en contra de Lei de Fomento Empresarial aprobada esta semana no Parlamento de Galicia cos votos en solitario do PP. A norma pretende “contrarrestar a competencia empresarial do Norte de Portugal, reducindo a burocracia para a implantación de empresas, facilitar o acceso ao solo e impulsar rebaixas fiscais a través dos Concellos”. Ademáis, o PP incorporou cambios para "liberalizar" outros sectores como o eólico, o minero e o forestal. Dende a CIG avanzan os efectos perxudiciais que ao seu entender terá esta nova lei e anuncian unha manifestación contra este…
Read the full description
modelo industrial convocada para este vindeiro domingo en Santiago. O sindicato considera que a norma "facilita a instalación de empresas de cualquera actividade en calquera parte do territorio sen ningún tipo de control". Segundo explica o responsable comarcal da CIG, Xoan Xose Bouzas, "con esta nova lei desaparecen todas as barreiras administrativas, e coa simple presentación do proxecto xa estaría concedida a autorización para comezar coa actividade". Dende a CIG, entenden que coa nova Lei de Fomento Empresarial do PP, "o que van conseguir é acabar co patrimonio, abandonando a defensa dos sectores productivos mentres se favorece á un modelo industrial de multinacionais". Por todo elo, o sindicato comarcal súmase manifestación convocada para este domingo 22 de outubro ás 12 do mediodía na Alameda de Santiago "contra o modelo industrial colonial de esta Lei". CIG Salnés porá a disposición dos que queiran asistir á mobilización un autobús que sairá as 10 horas de O Grove, 10:30 de Cambados e 10:45 de Vilagarcía. Así o explicaba o responsable comarcal da CIG, Xoán Xose Bouzas Aboy, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.