Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

QUINTANA E VARELA ARGUMENTAN AS SUAS POSICIONS SOBRE O LABORATORIO EUROPEO DE MOLUSCOS
A Conselleira do Mar reiterou esta mañá a súa postura sobre a proposta do alcalde Alberto Varela para que Vilagarcía acollera a sede do laboratorio de moluscos europeo, que abandonará Gran Bretaña tralo Brexit. Rosa Quintana incidiu na importancia dunha proposta común de país e evitar os localismos, tal como recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. Pola súa banda, o alcalde Alberto Varela entende que solicitar para Vilagarcía o laboratorio europeo de moluscos “non é localismo senon pura lóxica”. O rexedor argumenta que “Vilagarcía conta cun prestixioso laboratorio con décadas de experiencia…
Read the full description
dedicado ao control técnico-sanitario dos productos do mar e con especial atención aos moluscos bivalvos, circunstancia que, simplemente por eficacia e eficiencia, sería un erro obviar” Ademáis, Varela considera que “unha conselleira non lle pode aconsellar a un alcalde que non pida para a súa cidade, máximo cando en Vilaxoán se atopa un centro punteiro en Europa en materia de análise e control do Medio Mariño como é o Intecmar” Por último, o alcalde está convencido de que “na consellería tamén opinan que o Intecmar e o lugar idóneo para acoller este servizo e o que temos que facer é traballar ombro con ombro para conseguilo”. Paralelamente, no Parlamento de Galicia, a Comisión de Pesca aprobou hoxe unha proposta do PSdG para pedirlle á Xunta que se presente como “candidatura formal do Estado” a acoller ao Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.