Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A ACTUAL PLANTILLA DE VALLE INCLAN PIDEN RESPETO AS SUAS EX COMPAÑEIRAS
As actuais traballadoras da Residencia Valle Inclán de Vilanova piden respeto cara elas e tamén cara os residentes do xeriátrico no conflicto laboral que dende hai un ano enfronta ás traballadoras despedidas coa xerencia do centro. A actual plantilla compareceu esta mañá por primeira vez públicamente, a raiz do acontecido na última mobilización das operarias despedidas do pasado martes, que acabou com insultos e agresións verbais entre os manifestantes e o novo xerente. A actual plantilla entende que as suas ex compañeiras queiran reclamar os seus dereitos pero non comparten as formas…
Read the full description
Tampouco entenden que foran cómplices dos incidentes rexistrados o pasado martes, que, segundo aseguran, provocaron un estado de nerviosismo entre os residentes e o ingreso en enfermería de varios usuarios. Asimesmo, as traballadoras que continúan traballando no xeriátrico aseguran que se sinten ben coa xestión do novo xerente pero abraiadas pola situación. E mergulladas na situación de liquidación que atravesa a residencia tamén aseguran que teñen medo a perder o seu posto de traballo e amósanse preocupadas polo futuro dos residentes no caso de que o centro acabe pechando. En todo caso, dín que de momento cobran puntualmente os seus salarios. Tamén tiveron palabras para o portavoz do BNG, Xavier Vence, que puxo en cuestión a súa cualificación profesional: recomendáronlle ó portavoz nacionalista que solicite os seus diplomas acreditativos na Consellería de Benestar antes de emitir criterios sen probas. Todo elo nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a portavoz da plantilla, Paqui Doval, nunha conversa con Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.