Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O COLEXIO DE CARRIL MOBILIZASE DE NOVO RECLAMANDO ASEOS EN CONDICIONS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A anpa do colexio Rosalía de Castro de Carril está disposta a retomar as mobilizacións e clausurar os aseos do centro educativo se a Consellería de Educación non se compromete ao longo desta semana a realizar unha reforma integral que arranxe os baños e a fontanería, actualmente nunha situación deplorable, Unha representación dos proxenitores reuniuse esta mañá co alcalde de Vilagarcía, o concelleiro de Educación e a edil de Urbanismo para trasladar o malestar das familias pola falta de resposta da Xunta, que o ano pasado reparou os falsos teitos pero…
Read the full description
non os aseos. Ademáis, a auga sae con cloro e sucia, polo que o Concello xa se pediu á Xunta que envíe auga mineral mentres Sanidade comproba a potabilidade. Os pais enviaron un escrito á Consellería o pasado 1 de febreiro solicitando a reforma pero todavía non obtiveron resposta. Pola súa banda, o Concello transmitiulle o apoio ás súas reivindicacións e reclamarán á Xunta a que se responsabilice das súas competencias e resolva a situación. Así o explicaban Verónica Maneiro, presidenta da ANPA, e o Concelleiro de Educación, Miro Serén, trala reunión celebrada esta mañá.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.